- TEATRO - ¿Queres_TE ? Só, ou con leite

Categorías:

Sociedad

Etiquetas:

Actividades

Comentarios:

Sin comentarios

El proximo Sábado 8 de Octubre, en colaboracion con el CIM de Arteixo, y las asociaciones locales, Asciciacion Cultural QUEIROA,  Asociacion deportiva Arteixo, ofertamos una tarde de teatro INFANTIL en CONTRA DE LA VIOLENCIA DE GENERO. Terminaremos la tade disfrutando de las tan ricas castañas. Serán las primeras del año .... Ven y disfrutalas con nosostros.

“Un equipo? Unha parella? Un profesor e a súa discípula?...Dous … amigos? O que si está claro, é que dous personaxes algo estrambóticos, diríxense a Uxes co obxectivo de dar unha conferencia sobre a Violencia, mais … darán feito? Semella que tanto o profesor Stefano Adriano, como a súa axundanta, a Sta. Milgram, son verdadeiros expertos no tema. Iso si, tamén na práctica? Ou quedaron na simple teoría sobre a violencia e outros aspectos emocionais? Imos ter que observalos polo miúdo no seu día a día. Xa me contaredes se saben ou non do que falan. Pode que eles necesiten aprender algunha que outra cousa.
Ah, por certo, irán acompañados do seu técnico en escena, coitado personaxe sen nome. Ás veces chámanlle … Staff”

Elenco:
Alejandro Jaspe__________________________________________Profesor Stefano Adriano
Lía Pichel______________________________________________Sta. Milgram
Manuel Anxo Rodríguez ____________________________________Técnico en escena- Staff

La obra nos la ofrece la compañia POLO MIUDO, MUCHAS GRACIAS por vuestra colaboración.

TeaTro_PoLo_MiúDo ofrece a representación de dúas pezas teatrais que comparten parte do seu título, así como a temática, a violencia, abordando outros aspectos que teñen que ver coa
intelixencia emocional e as relacións. 

Estas dúas creacións foron representadas na Asociación Cultural Alexandre Bóveda de A Coruña, na Repichoca (A Coruña), no Festival VibraBalboa (Balboa), na Asociación Cultural Paso de Valverde
(Arteixo) e no IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños). 

“Queres_té?”, que é a versión orixinal dirixida a público adulto, enmárcase dentro do microteatro, cunha duración de 20 intensos minutos. A través da mestura de diferentes linguaxes escénicas e interpretativas naceu esta peza que comeza sendo unha comedia aparentemente liviá e superficial, para rematar transformándose nunha representación crítica e visceral da realidade. Pretendemos reflexionar xunto co público sobre a violencia, dende esa violencia normalizada, cotiá … ata a violencia de xénero, a violencia das guerras, a violencia da fame.

Entendemos que calquera tipo de violencia é negativa, dende a máis pequena, aquela que pasa desapercibida, ata aquela que si se describe, fai que non queiras escoitar.

Queres_té? Só ou con leite”. Esta segunda obra teatral de 50 minutos de duración, dirixida a público infantil, nace da anteriormente descrita, co obxectivo de abordar o tema da violencia para os máis pequenos. Forma parte das inquedanzas creativas das persoas que forman parte de TeaTro_PoLo_MiúDo, por un lado de continuar profundando en canto o traballo cos personaxes, así como proseguir coa investigación e reflexión sobre as relacións e a intelixencia emocional. Esta peza cómica pretende reflexionar sobre as relacións, a amizade, as emocións, o respecto e a necesidade
de compaña, e de ser acompañadas. É imprescindible comprender que para amar e respectar ós que nos rodean, temos que comezar por facelo en primeira persoa. Fundamental é a loita por atopar o equilibrio en tódolos aspectos da nosa vida.

Será que para acadar a felicidade precisamos caer de fondo na desdicha? A través das peripecias destes personaxes, pretendemos mostrar algúns dos roles que, normalmente, asumimos cando nos relacionamos, as diferentes dinámicas que se xeran entre persoas. Buscamos fomentar unha actitude crítica e reflexiva no público, que poida formar parte do xermolo dun pensamento transformador e creador de novas maneiras de relacionarse, máis saudables e respectuosas.

0 Comentarios

Envia un comentario